Novo atentado contra o medio ambiente de Maside

O alcalde de Maside non deixa de sorprender e tras traer a planta de lodos fecais agora promociona unha planta de envasado de gas en la estación de tren de A Touza. Volve a someter a poboación a riscos innecesarios.

Podese ler a noticia premendo eiquí

O alcalde de maside declara ante un xuiz por presunto delito de prevaricación.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/11/alcalde-maside-declara-juez-supuesto-delito-prevaricacion/525856.html

O alcalde de maside xa non engana a ninguén. Pero a derradeira noticia que podemos ler na prensa é a viva imaxe dun alcalde oscuro que levou a unha serie de veciños a posicionarse en contra da planta de compost mentras nos traía a merda das fosas sépticas do noroeste ourensán. Fixo gastar cartos aos veciños, arrastrou ao seu secretario en contra do compost o mesmo tempo que traía merda e máis merda a escasos 500 metros do concello. Daqueles lodos viñeron estas merdas e agora a cousa empezalle a sair mal. Porque posicionouse en contra do compost por un puñado de votos, e trousxo a merda por non se sabe que razóns.

Maside, concello con record de paro e debedas.

O concello de maside dende a chegada de Celso Fernández como alcalde socialista, logrou endeudarse ata a médula. E pese a non facerse nada. Debe ter un burato moi grande o concello porque os cartos esfúmanse a pesar de chegar mais que nunca. No mes de xaneiro o paro batiu todalas expetativas mais pesimistas superando os 290 parados.

http://www.foro-ciudad.com/orense/maside/mensaje-7070230.html

O concello de maside e a incompetencia dos dirixentes

Enésima mentira do alcalde de Maside

Lembramos que fai un mes, o alcalde de maside intentaba enganar a veciñanza e a prensa declarando que fixera unha exposición pública do oscuro asunto das duas plantas de tratamento de lodos fecais para toda a provincia de ourense. Pois ben, vemos revelada esta nova mentira do alcalde de maside. A noticia sacámola de matarpormatarnon.org

04-01-2011 – (Gallego) Ahora sí. Ahora si que salió a exposición pública el proyecto de construcción de DOS plantas de tratamiento de lodos fecales en el Ayuntamiento de Maside, concretamente en el BOP del día 4 de enero de 2011, donde se abre un período de alegaciones de 20 días hábiles a partir del siguiente a su publicación, es decir, a partir del día 5 de enero.

Como hace unas semanas el Sr. Alcalde de Maside, D. Celso Fernández, aseguraba que ya había sido expuesto al público dicho proyecto sin que hubiera alegaciones en su contra, y como suponemos que no hay necesidad de exponerlo dos veces, queremos creer que no había sido expuesto con anterioridad y, la afirmación del Sr. Alcalde en el otro sentido, posiblemente se haya tratado de un error involuntario, sin ánimo de confundir a sus vecinos y mucho menos a los medios de comunicación.

Queremos advertir a los vecinos de Maside afectados (todos) por este proyecto contaminante y pestilente – problemas que no nos inventamos nosotros y que constan en el acta del pleno de Maside donde se aprobó dicho proyecto – que toda la Villa está dentro del radio de acción de las consecuencias perniciosas del mismo y que estos 20 días son la última oportunidad que tienen para presentar sus alegaciones en contra de tal desaguisado.

Conforme puede ser consultado en los anteriores artículos de nuestra página, que fueron publicados sobre éste asunto, la cosa tiene la suficiente entidad para preocuparse, ya que no es apenas UNA planta sino DOS, en las cuales serán tratados, junto don las de Xinzo y O Barco, la totalidad e los lodos fecales de toda la provincia.

Esperamos que el alcalde de maside vaya a misa a confesarse por tanta mentira

Nuestra asociación ya presentó la correspondiente denuncia ante la Delegación de Urbanismo de la Xunta de Galicia.

Ya hemos dicho por activa y por pasiva que, éste atentado, se intentó que saliera adelante a espaldas de los vecinos, por la callada y posiblemente para que unos pocos sacaran tajada del asunto, en perjuicio de la totalidad de la población de la Villa, que será la que sufra las molestias sin recibir contraprestación alguna.

Está bien confiar en la buena gestión de los administradores que se supone están para defender los intereses de todos, pero, a la vista de del sospechoso enredo urdido por la callada para llevar a cabo este desaguisado, creemos que sería muy conveniente que los vecinos vayan despertando y pidiendo explicaciones, a quien corresponde, de los intereses y perjuicios que se ocultan detrás de tan truculento proyecto.

Su salud y su patrimonio se lo agradecerán.

Referencias:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=002&fecha=20…

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/07/0003_8833262.htm

http://www.matarpormatarnon.org/maside-peor-o-remedio-que-a-enfermidade-…

http://www.matarpormatarnon.org/maside-peor-o-remedio-que-a-enfermidade

http://www.matarpormatarnon.org/planta-de-lodos-fecais-en-maside-confirm…

http://www.matarpormatarnon.org/lodos-en-maside-compost-en-cea-cinismo-p…

Atraso no concello de maside

Desde que entraron os socialistas en maside o paro aumentou dun xeito brutal, o reloxo do concello está parado, o concello non ten bandeiras, os pobos están cheos de merda, además dos lodos fecais que nos van traer. E todo elo con mais ingresos que nunca, e mais despilfarro. Endeudaron as arcas do concello ata a quiebra.

Este alcalde que nos trouxo a merda pra noso concello é un pequeno Zapatero que fai unha política de mentiras masivas. O paro aumentou no concello de maside un 9.09% alcanzando unha cifra nunca antes alcanzada de 288 parados con unha población moito menor que outros anos.

CONCELLO DE MASIDE

Asuntos oscuros no Concello de Maside

A seguinte información desvela a falta de transparencia do Concello de Maside no asunto dos lodos fecais. O socialista Celso Fernández, que se caracterizou por ir en contra da planta de compost en Cea, cando sendo delegado de medio ambiente aprobou a de Leiro, trae este fato de merda para o Concello de Maside ¿Qué intereses terá? Esta información sacámola da páxina http://www.matarpormatarnon.org

09-11-2010 – Axudicación provisional obras das Plantas de lodos. Lembremos que teñen que estar rematadas antes do 30 de novembro de 2010, de maneira que pode haber outra trapallada á vista, porque tal prazo semella imposible.

08-11-2010 – Onda Cero O Carballiño. Escoite.

07-11-2010 – Hoxe sacamos este artigo solo para difundir as noticias de prensa sobre as industrias de reciclado de residuos e fosas sépticas que, polo que semella, van vir todas para a nosa comarca. Xa o avisou hai poucos meses o Presidente da Deputación de Ourense, o Sr. Baltar, dicindo que incluso había concellos do PSOE que estaban dispostos a recibilos.

O primeiro enlace que queremos destacar é de 10 de setembro deste ano, nel afirmase que os lodos fecais das fosas de tódala provincia vanse repartir entre Xinzo da Limia, Barco de Valdeorras e Maside . De maneira que, dicir agora que a Maside so van os lodos do concello, obviamente é unha contradicción co que se publicou hai dous meses.

Que a cousa non é boa próbao o feito, que xa aclaramos no anterior artigo, de que na propia acta do pleno se recoñece que pode haber vertidos e que, de feito, vai haber malos cheiros.

Que utilicen o argumento de que a oposición á planta de Cea “é moito mais frontal” non deixa de ser irónico unha vez que, contra esa planta están mobilizados, de maneira oficial, tanto o concello de Carballiño como o de Maside, sendo que hai ediles de Maside organizando o movemento contra a planta de Cea, o que nos parece ben, pero non que se use como se o problema de Maside fose un asunto menor cando posiblemente sexa moito peor que o de Cea. Non esquezamos que en Cea van instalar unha planta de compost de unha empresa privada e en Maside o tratamento dos lodos fecais de unha terceira parte da provincia de Ourense.

A única explicación a este argumento é que, os alcalde de Carballiño e Maside, estean utilizando o asunto de Cea para tapar o de Maside.

Que o sr. alcalde de Maside diga que o asunto “estivo á exposición pública” para alegacións, non semella un argumento de peso nun concello onde non se da copia de actas, nin pedíndoas por escrito como fixemos nos, nin se cumpre coa lei de transparencia en asuntos medio ambientais. Imaxinamos que o asunto estaría colocado no tablón de anuncios debaixo doutros asuntos coa finalidade, acadada totalmente, de que pasara desapercibido.

Este asunto pensamos que é moito mais serio como para tratalo solo mediante un anuncio no tablón do concello. E un asunto para debater cos veciños e para lles ofrecer algo a cambio de que acepten recibir tan velenoso problema na veciñanza de súas casas e con risco para a súa saúde. A maneira en que se fixo, pola contra, ten toda a pinta de que foi unha trapallada entre Deputación, alcaldía e oposición para gañaren eles algún tipo de beneficio en prexuízo dos veciños.

Vir agora falar de “planta de reciclado moderna” é unha falacia visto que de nada se informou aos veciños e fíxose todo ás caladas. E evidente que se trata de unha patética estratexia para disimular a trapallada porque foron pillados de sorpresa e actuando en secreto.

Onde non lles falta razón e en dicir que os veciños pouco se moven e, se o fan polo asunto de Cea, parece ser que solo é debido a que o PSOE mobilizou aos seus seguidores contra un alcalde do PP. Como en Maside votaron a favor da planta tanto os de un partido como os do outro – seguramente nun trato entre Deputación, PP e PSOE – os veciños non teñen quen os mobilice, con o cal, a táctica de utilizar Cea para levar a cabo unha alloada peor en Maside, saelles perfecta a estes politicos da nosa comarca.

Xurde ademais un novo  aspecto deste asunto unha vez que, nas cláusulas de licitación, o orzamento destas obras e no caso concreto do “Terras do Avia, ascende a 252.000 Euros e prazo de execucion novembro de 2010, o que plantexa que a obra pode ser moito maior, con peores consecuencias, e que os prazos dificilmente se van a cumprir.

Prensa que se cita:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/09/10/0003_8716656.htm
Iran los lodos de “Toda la Província” as planta de Maside e outras.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/07/0003_8833259.htm
Compost en Cea y Lodos en Maside planta “moderna” sen oposición.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/07/0003_8833262.htm
Lodos Maside exposición pública.

http://dpou.depourense.es/upload/perfil/1905.pdf
Cláususlas licitación plantas lodos Maside e outras.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/24/incineradora-sur-gal…
Baltar di que alcaldes do PSOE queren a incineradora.

Cinismo político do concello de maside en relación ca planta de compost

Nesta entrada  denunciaremos o cinismo politico do Psoe de Maside, que denuncia unha cousa no concello de Cea, e fai o contrario no seu propio concello. Esta noticia sacámola de www.matarpormatarnon.org

Sorprendidos coas mans na masa na nada edificante tarefa de enganar aos seus veciños, a corporación de Maside co seu alcalde ao fronte, decide facer da necesidade virtude e agora, nunha reacción que poderíamos cualificar de patética, sacan á luz pública a planta de “LODOS FECAIS”, intentando vendela como o último grande proxecto para Maside.

Se, como din agora, a cousa fora tan boa, non o terían feito pola calada e sen dicir nada aos veciños. Se a cousa fora tan boa, non houberan esperado desde xuño, que foi cando aprobaron a desfeita, ata novembro que é cando o sacan na prensa despois de que foron pillados “in fraganti”. Se a cousa fora tan boa, non diría na acta do pleno do concello de maside que “A entidade xestora será a responsable de calquera tipo de contaminación e dos vertidos”. Se a cousa fora tan boa, non diría na acta do pleno que “… o tratamento dos residuos en época de estío, será a primeiras horas da mañá, para evitar así os malos olores”. Se a cousa fora tan boa, non nos terían negado o acceso á acta do pleno e á documentación sobre o proxecto.


Non sabemos quen será o responsable no caso de “contaminación e de vertidos”, o que si sabemos é quen vai comer a merda que de alí saia e que non van ser outros que os veciños de Maside, aos que lles van colocar unha planta de tratamento dos lodos fecais de toda a comarca, sen lles dar nada a cambio e sen lles consultar, nunha trapallada feita en secreto, contraria aos seus intereses, a unha distancia ilegal das casas e en prexuízo dos seus intereses e da súa saúde.

Tampouco sabemos si remexer nas feces, que van verter alí, durante a madrugada vai resolver o problema dos malos cheiros, pero o que si sabemos é que, quen vai soportalos tamén van ser os veciños.

Claro que, no proxecto e polo que di o BOP, tamén vai unha planta de tratamento de augas, pero o problema para os veciños, moito mais alá das “augas residuais”, son os “lodos fecais” da comarca que alí tamén van ser tratados según di o BOP e, con 70.000 Euros de inversión, pouca tecnoloxía pode haber para tanta cousa e tan ben feita como eles pretenden “vender” agora.

Señores da corporación, parece mentira que teñan unha idea tan negativa sobre a intelixencia dos seus veciños, como eles din “somos labregos pero non somos borregos”, se a cousa fora boa estaríana vendendo na prensa e en grandes letreiros, como fan sempre, meses antes de aprobalo en pleno, as escondidas e polo sistema de “urxencia”, e non terían esperado a que alguén destapara a trapallada que están cocendo.

E as suas decisións secretas non teñen solo consecuencias éticas, tamén van arruinar a vida e propiedades dos veciños de O Mato, O Barazal, Listanco, O Río Listanco, O Barbantiño, O Viñao, Punxín, Barbantes e o propio Río Miño, onde rematarán os verquidos do seu “negocio”.

Ao sr. Alcalde de Maside agora seica tamén lle toca desmentir, de novo e igual que fixo hai dous anos, os 800.000 m2 de parque industrial que teñen proxectado para acabar de fundir Maside. 600.000 m2. en Corzos e 200.000 m2. nas Barandillas. Como non queremos seguir rebatendo as diversas declaracións que, día si e outro tampouco, este alcalde fai ao respecto, aí quedan as declaracións que fixo hai dous anos, as que fixo hai un mes e o que di agora. Quen queira que o crea, engánase quen quere.

Solo dicirlle que, de acordo coa lei de ordenación urbanística, os parques industriais poden ser feitos por “convenio” ou por “expropiación”, así que non confunda conque non ten esa superficie propiedade do concello. Que nos tamén sabemos ler e informar aos veciños que nos procuran e que queiran saber, sobre este asunto ou sobre outros.

Xa que o concello non o fai e a documentación, que debería ser pública, está agochada…

A verdade do Concello de Maside

Concello de Maside, é unha páxina que xurde das inquedanzas dunha serie de veciños non contentos coa falta de transparencia do concello, en relación a unha serie de temas de especial relevancia pra veciñanza. A realidade da situación actual do Concello de Maside é diferente dunha realidade virtual creada a base de autobombo e propaganda.

Afondaremos nos temas que afectan ós intereses dos veciños do Concello de Maside. Para comezar podemos ler unha preocupante noticia premendo a continuación: CINISMO POLÍTICO DO PSOE DE MASIDE